Page 1 - C:\Users\USUARIO\Downloads\glosario.xps
P. 1

GLOSARIO DE TERMOS E REFRÁNS RECOLLIDOS NA COMARCA CHANTADINA


                                           GLOSARIO DE TERMOS

          A


                Adival: en orixe corda grosa utilizada para amarrar a carga dun carro. En Chantada faise extensión e con esta
                nome nos referimos a toda corde grosa.

               Alzadeiro: espeteiro ou cunqueiro.  Moble de cociña  de madeira formado por un ou varios estantes onde se
                pon a louza, vasos, botellas e outros obxectos de uso doméstico. Adoitábase adornar con puntillas.

                Atafal: parte da pel interior da castaña, ten forma de cordón e é algo mais dura e oscura que o resto.

          B

                Boleco: castaña ruín, sen desenrolar, só se aproveita para os porcos. Suelen situarse nos extremos do ourizo.

                Bullos ou billos: castañas asadas e bulladas, sen pel.

               Burata: oco feito na parede norte dunha adega ou da despensa da casa, de forma abocinada, coa finalidade de
                ventilar e dar algo de luz, pero protexendo da calor.

          C

               Cagamula: herba maldita por ser moi difícil de eliminar. Nace moi pecha, facendo un torrón amplio e espeso,
                con multitude de ceboliñas nas raíces.

                Candea: flor dos castiñeiros.
   1   2   3   4   5   6